viernes, 23 de octubre de 2009

Suso e Yuso




Fomos visitar a Suso e Yuso. Quen pensades que son?, pois son os nomes de mosteiros, os de San Millán de la Cogolla. Son moi importantes xa que neles escribíronse as primeiras palabras en castelán e en vasco.




Alí vimos uns libros grandísimos, de ata oitenta kg, que usaban os monxes para ler nas capelas, concretamente para facer cantos gregorianos. Imos amosar unha foto das primeiras palabras en castelán e unha foto nos mosteiros.

Museo de Ciencias Naturales de Arnedo


O xoves pola tarde fomos ao Museo de Ciencias Naturais de Arnedo. Santiago, o noso guía, recibiunos explicándonos as súas aventuras de investigador de fósiles, paleontólogo. As explicacións que nos deu impresionáronnos moito, dende as aventuras dos minerais ata os descubrimentos de fósiles de dinosaurios.

Amosóunos diferentes minerais, entre os que había cuarzo..., pero o que máis nos gustou foi o diamante e o ouro, ¡ esperamos que ninguén collera ningún!!!!

Despois, noutra sala, vimos colmillos de dinosaurio, pisadas, cráneos etc

Ao final regalounos a cada un, unha pedriña de cuarzo. Portáronse moi ben con nós.
Nerea, Samuel e Tamara

jueves, 22 de octubre de 2009

Galletas ARLUY


Despois da visita ao concello fomos correndo cara ao autobús, chovía moito. Chegamos á fábrica pensando que sería un aburrimento, pero non foi así. Formámonos en dous grupos para poder facer a visita comodamente. Un grupo foi á CATA de galletas, toda unha experiencia!!!!, e os outros foron a ver como se facían as galletas, pero no laboratorio houbo un pequeno gran incidente: Diego Sánchez rompeu unha probeta, e a química....
Na foto aparece a máquina que bate o chocolate.
Ao final da visita as dúas guías regaláronnos unha bolsa con paquetes diferentes de galletas..
VOLVEREMOS!!!!
Borja, Antía e Lucía Varela

Visita á CASA DO CONCELLO


Pola mañá fomos visitar a casa do concello. O guía explicounos que era unha obra arquiéctónica de Rafael Moneo, que quería representar a imaxe do concello no exterior tamén no interior, por iso a foto que é no interior parece unha parede.
Tamén nos explicou que a casa do concello abría dúas alas cara á praza simbolizando que é a casa de todos. Aprendemos unha chea de cousas...
Tamara R.V.

miércoles, 21 de octubre de 2009


En Santo Domingo de la Calzada visitamos a catedral, a praza do concello, o albergue de peregrinos (vémolo na foto) e tivemos unha "visita" que nos alegrou moito: Pilar, a nosa titora do ano pasado. Alegrámonos moito, e ela tamén, creemos. Mandou saúdos para todos os de Melide, e en especial para Marta, Adrián, Raquel, Sergio, Diego Mato, Alex e Belén, que por diferentes motivos non nos acompañaron. Falásmolle tamén da nosa nova compañeira Marta e a nova titora Mónica, para quen tamén mandou un saúdo.
Os excursionistas de 6º

OS PASEOS POLO CAMIÑO DE SANTIAGO

Despos de xantar fomos ao paso do Camiño de Santiago pola Rioxa e por el había diferentes monumentos históricos. O que máis me gustou foi Ssanto Domingo de la Calzada. Ademais en Santo Domingo estábanos esperando a nosa titora do ano pasado: Pilar. Acompañounos no resto da ruta.
Samuel Lodeiro